| No pasado verán tiña listo esta entrada feita tras a morte de Cornell MacNeil, un dos grandes barítonos dramáticos do século XX. Por diversas circunstancias, este texto quedou sen publicar e non volvín actualizar o blog ata hoxe.
A súa voz era absolutamente prodixiosa, con agudos brillantísimos e unha zona central e grave corpulenta case coma un baixo. Lamentablemente voces coma a súa ou a do tamén norteamericano Leonard Warren son unha auténtica rareza. Un dos seus papeis máis significativos é o Jago do Otello de Verdi, un papel que require dun centro comparable ao de baixo-barítonos wagnerianos coma Wotan ou Holländer pero con agudos dunha esixencia máxima. Canto, declamación, coñecemento do personaxe, dotes escénicas… todo iso podemos atopar neste “Credo in un Dio crudel”. |
Last summer, I had written this post after Cornell MacNeil’s death, one of the great dramatic baritones of the 20th century. Due to different circumstances, this text remained unpublished and I did not update my blog till today.
His voice was absolutely prodigious, with brilliant high notes and a central and low register typical of a bass. Unfortunately, these kind of American voices like MacNeil’s or Leonard Warren’s are rare nowadays. One of his most significant roles is Jago from Verd’s Otello, it requires a central register similar to Wagner’s bass-baritones like Wotan or Holländer, but with extremely arduous high notes. Singing, declamation, role knowledge, scene skills… we can see all these aspects in this “Credo in un Dio crudel”. |
La clemenza di Tito
| Fun onte ver a representación de La clemenza di Titodentro da programación do Festival Mozart da Coruña.É unha mágoa que o público non estea respondendo tan ben coma outros anos, esperemos que isto sexa tan só unha circunstancia pasaxeira e que todo se poida recuperar.Dentro do elenco de cantantes salientaría especialmente a Lucia Cirillo, que nos ofreceu un fantástico Sesto tanto dende o punto de vista vocal coma escénico. O traballo de Biondi á fronte da Real Filharmonía de Galicia foi espléndido así coma a escenografía de Marco Carniti.
Sobre a historia, pouco que contar que xa non estea escrito. Teño especial predilección polo momento no que Sesto lle pide un mínimo xesto a Vitelia para que poida seguir o plan deseñado por esta no que el se involucra pola cegueira do amor. Coma frase, quedaría con esta que non asinaría hoxe ningún mandatario nin o propio Tito no seu momento: “Se all’impero amici dei, necessario è un cor severo; o togliete a me l’impero, o a me date un altro cor”. |
Yesterday I went to the performance of La clemenza di Tito in the Festival Mozart of A Coruña.It’s a pity that there aren’t so many people as a few years ago, I hope that this is just due to punctual circumstances and that everything can go back to be as it used to.About the cast, I particularly liked Lucia Cirillo, who performed a fantastic Sesto both vocally and interpretively. Biondi’s work conducting the Real Filharmonía de Galicia was outstanding as much as Marco Carniti’s stage direction.
There’s not much to say about the plot that has not already been written before. I myself love the moment when Sesto asks Vitelia for a minimum sign in order to go ahead with what she has planned and gets involved because of his blind love. I’d highlight this statement that no leader would sign today, not even Tito himself years ago: “Se all’impero amici dei, necessario è un cor severo; o togliete a me l’impero, o a me date un altro cor”. |
Donna Elvira
| Donna Elvira é ese marabilloso personaxe de Don Giovanni que vive a vida con intensidade. Foi interpretado por cantantes ben distintas, dende mezzos dramáticas ata sopranos lírica. Nese caso, opto por unha desas rara avis que é unha soprano dramática de coloratura coma Leyla Gencer, quen foi tamén unha excepcional Donna Anna na mesma ópera.Encántame esta escena “In quali eccessi… Mi tradi quell’alma ingrata”, Donna Elvira quéixase amargamente da traizón desa alma ingrata que era o sedutor Don Giovanni. Aínda que neste caso a traizón faga referencia á cuestión amosora, o día a día está cheo de traizóns de familiares, amigos, compañeiros de traballo. Pero a traizón non só se sofre, senón que tamén se comete. | Donna Elvira is this wonderful character fron Don Giovanni who lives her live intensely. She was performed by different singers, from dramatic mezzos to lyric sopranos. I’ve chosen one of these rara avis, a dramatic-coloratura soprano like Leyla Gender, who was also an outstanding Donna Anna in the same opera.I love this scene “In quali eccessi… Mi tradi quell’alma ingrata”, where Donna Elvira complains bitterly about the betrayal by this alma ingrata who was the seducer Don Giovanni. Though this betrayal in particular refers to a love affair, every day is full of relatives, friends or job colleagues who betray. But we’re not just betrayers, we sell down the river too. |
Elīna Garanča
| Onte cantou en Santiago Elīna Garanča, unha das mezzos de máis sona do momento. O repertorio nestes casos case é o de menos: Carmen (a primeira versión da “Habanera”, que eu non escoitara nunca”), La Favoritae, sobre todo, zarzuela. Supoño que o feito de que a súa parella, o director de orquestra Karel Chinchon, se criase en Xibraltar faría que a letona se aproximase á música española.Garanča é unha cantante da vella escola, no mellor sentido da palabra: gran manexo do aire, emisión suave do son, redondez na articulación das diversas vogais e, algo que non pode faltar, un dominio da escena formidable.Foi nos denominados países do leste de Europa nos que quizais se conservou mellor a pureza da tradición belcantística, sobre todo nas mulleres, de aí que, ademais de Garanča, teñamos nomes coma Guleghina, Urmana, Gheorghiu, Netrebko, Marton ou Podleś.
|
Elīna Garanča, one of the most famous mezzos at the moment, sang yesterday in Santiago. The repertoire is not the most relevant point: Carmen (the first version of the “Habanera”, which I haven’t heard before), La Favorita and, mostly, zarzuela. I guess that the fact that her partner, the conductor of orchestra Karel Chinchon, was brought up in Gibraltar provoked her approach to the Spanish music. Garanča is an old school singer, in the best sense of the word: great air control, soft sound emission, roundness in the vowels articulation and, something essential, a huge stage control.The highest degree of conservation of the Belcanto tradition took probably place in the former Eastern European countries, especially in women, hence, as well as Garanča, we have names like Guleghina, Urmana, Gheorghiu, Netrebko, Marton ou Podleś. |
Erlkönig
| Hai días que un ten varios personaxes na cabeza, coma Fischer-Dieskau cantando este Erlkönig de Schubert. | Some days we have several characters in mind, like Fischer-Dieskau singing Schubert’s Erlkönig. |
Giacomini & Milnes
| Giuseppe Giacomini e Sherril Milnes, quen é o tenor e quen o barítono? | Giuseppe Giacomini and Sherrill Milnes, who’s the tenor and who’s the baritone? |
